Imprenta: s. f.

Arte de imprimir.

 Taller onde se imprime.

Deseño  s. m.

  1. Representación gráfica dun obxecto, xeralmente só mediante liñas e cun fin comercial ou artístico.
  2. Esbozo ideal ou descrición mediante palabras dunha cousa.

Gráfico  adx.

  1. Relativo ou pertencente á escritura e á imprenta.
  2. Que representa, describe ou explica algo por medio de debuxos, liñas ou figuras.  
  3. Que suxire ou expresa con gran vivacidade e claridade aquilo que representa e pretende expresar, coma se o debuxase.

Impresión  s. f.

  1. Acción de imprimir.
  2. Maneira de estar impreso algo.
  3. Marca ou sinal que unha cousa deixa noutra sobre a que fai presión.
  4. Efecto que causa no ánimo ou nos sentidos algo ou alguén.
  5. Opinión que se forma a partir dese efecto.

Dixital  adx.

  1. Relativo ou pertencente aos dedos.
  2. Que proporciona datos mediante díxitos.
  3. Que codifica os datos con números que se expresan co sistema binario.

Enmarcar/do v. t.

Situar dentro dun marco, contexto ou cadro.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *